CRTVG

Buscar

Os comerciantes da Guarda denuncia unha vaga de roubos

Publicado o 27/05/2019 13:45

Sete roubos en mes e medio é a estatística que están a soportar os comerciantes da praza de abastos da Guarda.

E non só ocorre na praza de abastos. Nos útimos meses moitos comerciantes da Guarda sufriron roubos nos seus establecementos. Algúns varias veces e a plena luz do día.

A Garda Civil incrementou a vixilancia na zona e xa se produciron detencións. Porén os asaltos continúan. Os representantse dos comerciantes aseguran que é algo puntual e agardan que esta vaga de roubos non dane a súa imaxe.

Os comerciantes lembran a importancia de denunciar este roubos para que a Garda Civil manteña o reforzo da vixilancia na zona e se produzan novas detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019