Os comedores universitarios tamén comezan o curso adaptándose ás novas normas
O luns arrancou o novo curso universitario e con el os comedores e cafeterías do campus compostelán volven recuperar o ambiente propio desta época, pero integrando os cambios que supuxo a pandemia. Neste comedor de Fonseca, no campus sur compostelán, manteñen o autoservizo, pero con moitas restricións na manipulación de louza ou alimentos.
As restricións en vigor fan que o traballo sexa máis laborioso para os hostaleiros. Neste comedor de Cadarso, por exemplo, optaron por retirar o autoservizo. A atención faise máis lenta porque tamén teñen que acomodalos nas mesas, pero aseguran que os estudantes o entenden e colaboran.
Coinciden os responsables dos comedores universitarios en cualificar o comportamento dos estudantes como exemplar.
Polo momento réxense polas medidas en vigor no sector da hostalería á espera de que se apliquen as novas normas aprobadas polo Sergas.