CRTVG

Buscar

Os combustibles acadan uns prezos que non se vían dende 2014

Publicado o 24/09/2021 15:05

Os combustibles, gasolina e gasóleo, levan tres semanas subindo sen parar ata acadar uns prezos que non se vían dende 2014. O prezo medio volveu subir unha vez máis, neste caso un 0,56 % no caso da gasolina. Máximo deste ano e alcanzando ese máximo de xullo de 2014 ata agora imbatido. O gasóleo subiu un 0,7 %.

Encher un depósito a estas alturas xa é un 23% máis caro que hai un ano. En euros son 14 euros máis de media para un depósito estándar de 55 litros.

Noticias web

24/09/2021