CRTVG

Buscar

Os colexios rematan o segundo trimestre cun "sobresaliente" fronte ao coronavirus

Publicado o 27/03/2021 14:51

A comunidade educativa colle vacacións coa satisfacción do descenso dos casos de coronavirus nos colexios e institutos. Ningún centro permanece pechado e o número de aulas cerradas baixaron a 9, cando hai so unha semana 22 permanecían sen actividade.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación, di: "Máis que un notable alto, un sobresaliente aos nenos e as nenas, os mozos e mozas que cumprimron as normas, foron moi disciplinados".

O conselleiro de Educación estende a mesma avaliación aos docentes e a as familias, tras un trismestre que tivo momentos complicados. Nos centros educativos hai 446 casos activos, 19 menos que hai unha semana e moi lonxe dos preto de 4.000 contaxios sumados nos días máis críticos de febreiro.

Son os datos de contaxios "máis baixos dende outubro", di Román Rodríguez, quen asegura que os colexios "son lugares seguros". O conselleiro confía en que "o terceiro trimestre sexa xa de normalización". Para logralo apela á responsabilidade social e a respectar as normas sanitarias durante a Semana Santa.

 

Noticias web

27/03/2021