CRTVG

Buscar

Os colexios galegos celebran o Día da Non Violencia e da Paz

Publicado o 30/01/2019 16:30

Hoxe é 30 de xaneiro e as escolas de todo o mundo celebran o Día da Non Violencia e da Paz. Nesta data recórdase a necesidade de educar para fomentar a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos dereitos humanos. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, quixo sumarse a esta celebración e participou nunha lectura colectiva do libro O lapis máxico de Malala, que se realizou no Colexio de Educación Infantil e Primaria López Ferreiro de Santiago.

Un día como hoxe hai 71 anos morría asasinado Mahatma Ghandi quen dicía que non hai camiño para a paz, que a paz é o camiño. Conmemorando a súa morte comezou a celebrarse nas escolas de todo o mundo o Día da Non Violencia e da Paz, co fin de utilizar a educación como unha ferramenta que logre a tolerancia entre culturas.

Os centros educativos de Galicia sumáronse hoxe a esta celebración. No CEIP López Ferreiro de Santiago traballaron estes días sobre as istintas formas de violencia e hoxe recordaron a Malala e leron fragmentos do seu libro, homenaxearon os homes e mulleres que lograron o Premio Nobel da Paz e cantaron e bailaron por un mundo sen violencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2019