CRTVG

Buscar

Os colectivos de persoas con discapacidade citan a cidadanía o 13 de decembro baixo o mesmo paraugas

Publicado o 24/11/2019 13:52

Unha sociedade plural e diversa que acolla todos por igual, con oportunidades, sen discriminacións nin barreiras.

É o obxectivo da iniciativa Baixo o mesmo paraugas, que fai catro anos o 3 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e que fai un chamamento para repetir estas imaxes.

A cita reunirá 80 entidades que traballan coas discapacidades pero está convocada toda a cidadanía ás 12 da mañá do próximo día 3 na praza de María Pita, na Coruña; no Obradoiro, en Santiago; no porto de Vigo; nas prazas maiores de Lugo e Ourense; e na Ferrería, en Pontevedra. Só hai que levar un paraugas.

O colectivo chama en especial á participación dos centros educativos para traballar a inclusión desde as aulas.

Noticias web

24/11/2019