CRTVG

Buscar

Os cogomelos convértense nun recurso para as comunidades de montes

Publicado o 14/07/2021 20:48

A recollida de cogomelos en Galicia segue a ser unha materia pendente. Cada ano recóllense unhas 300 toneladas que van para autoconsumo, venda estacional ou exportación. Non hai tradición de gran consumo e eso nótase. O proxecto Mikogest cifra en 500 euros por hectárea e ano o que se pode obter de media cunha explotación axeitada. Así, un monte común de tamaño medio, cunhas 400 hectáreas, podería recibir 200.000 euros polos fungos. Pero é preciso un intenso traballo previo.

A moratoria dos eucaliptos favorece a plantación de especies máis aptas para os fungos, co que incrementa a produción. Aínda así, é precisa unha campaña de promoción do consumo de cogomelos e de formación en silvicultura para que o sector poida converterse nun recurso económico de primeira orde. Outro aspecto no que traballar é a gran diferencia entre o que cobra quen recolle os cogomelos e o que paga o consumidor final. Unha cantidade que se pode multiplicar ata por dez.

Noticias web

14/07/2021