CRTVG

Buscar

Os cociñeiros avogan por unha labranza respectuosa

Publicado o 01/12/2019 22:10

O respecto absoluto polos produtos, a revalorización dos vexetais, o sabor da calidade da horta e ata da forma de labrala... Son todos eles ingredientes básicos destes pratos, din, e non só en Xapón, en Galicia, tamén. Hai moita similitude entre ambas as dúas cociñas, Kanji Kobayashi un dos mellores cociñeiros de vexetais do mundo e Lucía Freitas, cociñeira santiaguesa e estrela Michelín, propoñen ao público saborealo campo e facelo comendo a catro mans. Pero sobre todo convidan a que camiñemos cara unha dieta máis saudable e cara coidar a nosa forma de cultivar.

Lucía Freitas, cociñeira: "Tender a comer vexetais sans, vexetais que sexan cultivados seguindo as normas do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) ou da agricultura ecolóxica. É comer con cabeza. Non só por comer un brócoli estás comendo ben, tes que comer un bo brócoli. O brócoli e todos os vexetais absorben todo da terra. En Galicia, A Tafona xa é así. A miña filosofía de traballo sempre foi moi vinculada á terra. Non só roubarlle á terra os alimentos, senón a sentir e camiñar con ela".

Kobayashi imaxina a súa cociña cando está na horta, mirando as verduras. Di estar moi impresionado coa calidade dos produtos daquí e logo de facer un extenso percorrido por Galicia, para coller dende os berberechos coas mariscadoras, recoller as algas e ata cada unha das herbas que interveñen na elaboración de cada bocado, sente moito respecto pola cociña baseada no coidado do campo e orixinada directamente nel, indicativo tamén recorda do orixe labrego e granxeiro de seu pai.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019