CRTVG

Buscar

Os cocidos disparan as vendas nos mercados

Publicado o 21/02/2020 14:28

Ateigados. Así están os mercados estes días previos ao Entroido.

"Nesta época a xente anda atrás do cocido. Os grelos son indispensables...".

E xa mercada a verdura, toca ir aos postos da carne. Aquí, o porco é o produto estrela. Todo o que envolve a carne para o cocido: cachola...".

En canto aos prezos, explican que a carne de porco subiu respecto o ano pasado.

"Houbo unha pequena variación porque hai falta de produto por mor da crise da China, cos seus porcos, porque os están levando de aquí. Subiu un dez por cento".

Malia isto, ninguén quere quedar sen facer nin probar o menú que reina nestas datas.

"Merquei agora para facer o cocido este domigo para a familia". "Filloas, orellas, rosquillas...".

E é que as sobremesas sempre foron a guinda dun bo manxar.


 

Noticias web

21/02/2020