CRTVG

Buscar

Os cinco membros de "La Manada" ingresarán en prisións separadas

Publicado o 14/08/2019 16:47
Os cinco membros de "La Manada" ingresarán en prisións separadas

Os cinco membros da Manada condenados por un delito continuado de violación nas Festas de San Fermín de 2016 cumprirán as súas penas separados en cinco cárceres distintos. Segundo confirmaron fontes de institucións penitenciarias a Europa Press, os cinco compoñentes da Manada ingresarán por separado, nos próximos días, en catro cárceres de Andalucía e un de Castela-León, onde deberán cumprir as novas condenas de 15 anos de prisión, despois de que o Tribunal Supremo revogara a sentenza inicial de abuso por un delito continuado de violación cos agravantes de trato vexatorio e actuación conxunta de dúas ou máis persoa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019