CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os cinco apelidos máis comúns en Arxentina tamén o son en Galicia

Publicado o 23/12/2015 21:33



Na Arxentina, acaba de publicarse un estudo que revela os apelidos máis comúns alí. Os primeiros postos coinciden cos máis frecuentes entre os galegos coma Rodríguez, González e Fernández, seguidos moi de preto por outros de orixe galega coma Castro, Varela e Vázquez.

O portal Forebears ven de publicar un estudo que recolle os 200 apelidos máis comúns entre os arxentinos. O resultado coincide co sentir popular.

"E polo xeral os apelidos españois e algúns italianos".
"Pérez, Gómez, Fernández, Martínez.
"E os máis comúns son González, Pérez, Rodríguez".

Hai por tanto, unha clara predominacia de apelidos de orixe española e entre eles, despuntan os galegos Castro, Vázquez, Pereira ou Varela.

"E é moi grande a presenza española no país, e non cre que se extinga. Ademais, seguen chegando."

A investigación detalla o número de persoas que levan cada apelido, o seu significado e os motivos históricos da distribución actual que ten polo planeta.

"Queda patente deste estudo a importancia da emigración galega cara á Arxentina, pero cabe destacar especialmente que os cinco apelidos máis frecuentes do país latinoamericano coinciden tamén cos que máis se repiten entre os galegos".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

23/12/2015