CRTVG

Buscar

Os científicos sociais piden cohesión e unidade: a crispación social obstaculiza o control do virus

Publicado o 22/01/2021 14:27

A solución da pandemia non é posible se non imos todos a unha. E para iso, insisten os científicos sociais, os cidadáns deben interiorizar as normas como unha obriga moral, non só cumprilas para evitar sancións. A exemplaridade cidadá da primeira onda pode lograrse se as mensaxes son claras.

"Hai unha sensación de ameaza e a xente non sabe como actuar. Entón é necesario que o que se comunique se comunique con claridade, e sobre todo se argumente por que teño que facelo", di Xosé Manuel Sabucedo, catedrático de Psicoloxía Social.

Investigadores da Facultade de Física de Santiago que analizaron as interaccións nas redes sociais acaban de demostrar que canta máis polarización, enfrontamento e crispación, máis medraron os contaxios.

"Se temos unha sociedade homoxénea, comparada cunha sociedade que está polarizada, unha sociedade homexénea cunha resposta colectiva seguindo as normas do Goberno pode chegar a reducir ata un 50% o pico dunha pandemia", explica Alberto Pérez Muñuzuri, investigador da Facultade de Físicas da USC.

Os expertos no comportamente humano explican que a sensación de ameaza e medo poder derivar en ira e en adhesión a teorías conspiranoicas que ofrecen solucións sinxelas e rápidas a un problema complexo.

"Fronte a aqueles que neste momento, e falo da clase política fundamentalmente, que están xogando á crispación e á confrontación, hai que dicirlles que a única posibilidade que temos de como especie de saír disto e saír ben é a través da cooperación", di Sabucedo.

Non son partidarios das metáforas bélicas, pero si da épica social, de ir máis alá dos números e buscar a empatía coa dor dos que sofren pola covid.

Noticias web

22/01/2021