CRTVG

Buscar

Os científicos confirman que varios exemplares de balea azul volven no verán a comer nas augas galegas

Publicado o 13/10/2020 14:16

O Instituto BDRI, é un centro de investigación do medio mariño especializado nos depredadores maiores e que ten sede en O Grove. Confirman que este foi un verán excepcional canto á presenza de cetáceos nas nosas costas.

Pero o fito máis importante foi o avistamento de exemplares de balea azul, o animal máis grande do planeta, que xa nos visitaran nos dous últimos veráns.

E é que ata 1985 en Galicia cazábanse as baleas azuis, cando a especie xa estaba en perigo de extinción e a poboación quedou moi mermada. Por iso para os científicos é unha moi boa nova que regrese ás nosas augas para comer, atraídos pola riqueza de plancton que é o seu alimento.

As baleas azuis foron avistadas entre as Cíes e a ría de Muros. Son exemplares novos que non superan os 24 metros, ainda que de adultos poden chegar aos 30, superan as 60 toneladas de peso e poden vivir 100 anos.

O seguinte paso do traballo dos investigadores será analizar o seu comportamento ou saber de onde veñen e cara onde van despois da sua parada nas nosas costas.

Noticias web

13/10/2020