CRTVG

Buscar

O futuro das pensións, máis alá do curto prazo

Publicado o 02/07/2021 14:57

Algúns expertos sinalan que o sistema de pensións non é sostible debido ao problema demográfico e a como se concibiu.

"No seu día foi concibido para xente que ía vivir 5 ou 10 anos máis e agora resulta que a xente vive 20 ou 30 anos máis", sinala o xestor Jesús Rozas.

Como posible solución o Goberno apuntou os babyboomers, que rexeitan a idea. E mesmo o ven inxusto os que xa están xubilados. Lonxe de alongar a idade de xubilación apostan por deixarlles sitio aos novos.

Os expertos cren que o actual pacto sobre as pensión só é un parche a curto prazo. "Particularmente, estimo que esto é un parche que ten como obxectivo presentar ante a Comunidade Europea unha documentación que acredite que se fixo algo", sinala Jesús Rozas.

Agora o debate xa está na rúa.

Noticias web

02/07/2021