CRTVG

Buscar

Os ciberdelincuentes subtráenlle preto de 9.000 euros a un xubilado de Arteixo

Publicado o 30/09/2021 14:28

Coma cada mañá, o quince de xuño, Enrique revisaba os movementos das súas contas bancarias, cando se decatou que en tres delas todos os seus aforros foran retirados.

Acudiu á súa oficina bancaria e foi aí cando lle confirmaron que fora vítima da ciberdelincuencia e que lle subtraeran case 9.000 euros.

Nos seguintes días sucedéronse reclamacións no seu banco, denuncia ante a Garda Civil e a presentación de queixas na Oficina do Consumidor e ante o Banco de España. Todo para intentar recuperar o seu diñeiro.

Ao de Enrique súmanse os casos, cada vez máis frecuentes, sobre este tipo de estafas. De aí a importancia de nunca facilitar os datos como o código secreto das tarxetas por teléfono e non picar nas ligazóns de mensaxes sospeitosas.

Noticias web

30/09/2021