CRTVG

Buscar

Os chineses protestan en Madrid polo bloqueo das súas contas bancarias

Publicado o 15/02/2019 17:18

Varios centos de cidadáns chineses protestaron en Madrid pola decisión dalgúns bancos de bloquearlles as súas contas. As entidades alegan que o bloqueo débese a que os clientes non actualizaron os seus datos tal como esixe a normativa contra o branqueo de diñeiro.

Calcúlase que son uns cinco mil cidadáns chineses os afectados polo bloqueo das súas contas, en que teñen domiciliadas nóminas, recibos ou transferencias de familiares.

A protesta desta mañá en Madrid estaba convocada pola federación que agrupa a 74 asociacións de chineses de toda España. Os bancos alegan que o bloqueo das contas débese a que os seus titulares non actualizaron os seus datos persoais que é o que esixe a normativa contra o lavado de diñeiro. Pero moitos dos chineses afectados denuncian que si entregaron a información que se lles solicitara e que aínda levan meses sen poder retirar os seus cartos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2019