CRTVG

Buscar

Os chilenos aproban por ampla maioría redactar unha nova Constitución

Publicado o 26/10/2020 08:37

O pobo de Chile decidiu por ampla maioría redactar unha nova Constitución que derrogue a actual, herdeira da ditadura do xeneral Augusto Pinochet.

O 79 por cento dos participantes no referendo votaron a favor dunha nova Carta Magna que redactará unha convención de 155 persoas elixidas por votación popular só para este cometido.

A participación superou o 50 por cento do censo, a máis elevada desde que o sufraxio deixou de ser obrigatorio en Chile en 2012.

Noticias web

26/10/2020