Os chefs da Asociación Cociña Ourense colaboran con Cáritas para atender a crecente demanda de axuda
Cos restaurantes pechados, os chefs da asociación Cociña Ourense decidiron botar unha man a aqueles que máis o necesitan colaborando con Cáritas. Acoden ás instalacións desta ONG para axudar, tras os fogóns, a elaborar os menús que reparten diariamente.
A demanda, nas últimas semanas, multiplicouse por tres. Todas as mans son poucas estes días nesta cociña de Cáritas. A pandemia fixo que Miguel, como outros cociñeiros, tiveran que pechar o seu restaurante.
Non sabe cando poderán reabrir pero mentres, xunto con outros compañeiros da asociación que preside, Cociña Ourense, decidiron por o seu tempo e saber facer ao servizo de aqueles que mais o precisan.
A asociación está formada por máis dunha ducia de chefs que turnan para colaborar. Esta cociña elaboraba ao día uns 250 menús, agora superan os 650. A limitación de espazo é un dos principais problemas a hora de traballar