CRTVG

Buscar

Os chalecos amarelos conmemoran os tres meses de protestas nas rúas de Francia

Publicado o 17/02/2019 19:19

Unhas 1.500 persoas, segundo informacións policiais, participaron na marcha coa que os chalecos amarelos quixeron conmemorar este domingo os tres meses do inicio deste movemento de protesta contra as políticas do presidente francés, Emmnauel Macron.

A manifestación partiu do Arco do Triunfo despois da unha da tarde, e, despois de tres horas, acabou dispersándose no Campo de Marte, aos pés da Torre Eiffel. En paralelo a esta marcha, outros chalecos amarelos concentrábanse na praza da República.

Os organizadores seguen convocando concentracións reivindicativas cada sábado, en distintas cidades de Francia, aínda que cada vez con menos participantes. Nunha enquisa que publica Le Journal du Dimanche, un 52 % da poboación quere que se lles poña fin ás protestas, fronte ao 38 % que estima que deben continuar.

Noticias web

17/02/2019