O ceo baléirase de avións

Viaxes canceladas, fronteiras pechadas, avións en terra. Medio planeta está en corentena, e iso vese reflectido nunha caída de voos en todo o mundo, como amosa a páxina de rastrexo de tráfico aéreo Flightradar.
Nestes momentos, Europa é o continente coas maiores restricións. "Espazo aéreo sobre partes surorientales de Europa. 26 de febreiro vs. 25 de marzo", escribiu Flightradar na súa conta de Twitter.
Airspace over southeastern parts of Europe today at 08:45 UTC time. February 26th vs March 25thhttps://t.co/WmZ6XtUYpX pic.twitter.com/UQ6gcEiBu8
— Flightradar24 (@flightradar24) March 25, 2020
Os datos non admiten comparativa. Ou si. Realizouna Eamonn Brennan, director xeral de Eurocontrol, tamén na súa conta nesta rede social. Nunha das imaxes pódese ver a circulación de avións hai un ano sobre Europa e na outra a do 24 deste mes.
#COVID19 - snapshot of a few hours of traffic on Tuesday 26 March 2019 and Tuesday 24 March 2020 – showing the massive drops in traffic all across the @eurocontrol area @Transport_EU @IATA @A4Europe @ECACceac @ACI_Europe @CANSOEurope pic.twitter.com/3YZiKXQ8By
— Eamonn Brennan (@eurocontrolDG) March 25, 2020
A páxina de voos en tempo real tamén tuiteou este martes que rexistrou o luns 95.227, "o número máis baixo de voos desde o 25 de decembro de 2016". "É tamén a primeira vez desde aquela que rexistramos menos de 100.000 voos nun día", tuiteou.
Yesterday, we tracked 95,227 flights, the lowest number of flights in a day since 25 December 2016. It's also the first time since then that we've tracked fewer than 100,000 flights in a day.
— Flightradar24 (@flightradar24) March 24, 2020
Daily tracking statistics: https://t.co/EqV2Vo80Kd pic.twitter.com/upTyideZuR
Na gráfica estatística de Flightradar pode verse claramente a abrupta caída da cantidade de voos no mundo.