CRTVG

Buscar

Os centros tecnolóxicos galegos recibiron investimentos por valor de 8 millóns en 2018

Publicado o 11/01/2019 15:09

A internacionalización das empresas, a deteción das necesidades tecnolóxicas dos negocios e a formación son os obxectivos primordiais da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, que en 2018 recibiu 8 millóns de euros de investimento.

Os drons, a industria 4.0 e o coche autónomo son os seus principais eidos de traballo. O conselleiro de Industria, que participou na presentación do balance, lembrou a recente apertura dunha nova convocatoria do plan Principia, para a incorporación de investigadores mozos ás empresas. 

Os centros tecnolóxicos galegos suman case 1.200 traballadores e 1.800 empresas presentes en 27 países. Durante 2017, executaron 400 proxetos de I+D+i e, ademais, son titulares de 78 patentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019