CRTVG

Buscar

Os centros Quérote+ poñen en marcha a campaña 'Cultivando a autoestima'

Publicado o 31/01/2018 15:22

 

Os centros de información e asesoramento á mocidade, os centros Quérote, inician unha campaña dirixida a coidar a autoestima dos mozos.

Baixo o lema 'Cultivando a autoestima', o programa vaise desenvolver na rúa con mesas informativas, nos centros educativos e tamén a través das redes sociais, facendo unha semellanza entre o coidado das plantas e o coidado persoal. Para iso entregaranse unhas bolsas con material que lles pode axudar a non sentir presión sobre a súa estética e o seu corpo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2018