CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os centros galegos da Arxentina homenaxean a Carlos Casares

Publicado o 17/05/2017 15:24



A Arxentina tamén celebra o Día das Letras Galegas. Centros galegos de diferentes rexións do país achéganse á figura de Carlos Casares, homenaxeado no 2017, a través de exposicións, charlas e sesións de lectura.

O Museo da Emigración Galega na Arxentina iniciou o ciclo de conmemoracións polo día das Letras Galegas en América. Fíxoo cunha charla do escritor Luís González Tosar sobre a vida e obra de Carlos Casares, homenaxeado neste 2017.

Detrás virán exposicións ou sesións de lectura, porque o 17 de maio é para moitos galegos da diáspora unha escusa coa que achegarse a Galicia a través da súa literatura.


CORTE 1: Rocío Carbia - Arxentina participante das actividades do Día das Letras Galegas en Bos Aires

"Sempre é interesante entrar en contacto cos autores galegos aquí, sendo unha parte de Galicia. Ao non poder vivila de preto, polo menos facelo a través dos seus autores".

CORTE 2: Diego Fidalgo Alvite - Arxentino participante das actividades do Día das Letras Galegas en Bos Aires

"Es mantener vivo el idioma y la cultura a tanta distancia"

Casares era unha figura descoñecida para moitos arxentinos, que nos últimos meses se deixaron atrapar por este gran contador de historias a través de títulos coma 'Os mortos daquel verán'.
SAIDIÑA
Ao longo da semana, outras institucións galegas repartidas polo país austral, como o Centro Galego de Mar del Plata, o de Santa Fe, o da Prata ou o mesmo o de Bos Aires, teñen previstas diferentes actividades para dar a coñecer a Carlos Casares entre os arxentinos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí