CRTVG

Buscar

Os centros educativos teñen un protocolo para incluír alumnos con Down

Publicado o 16/04/2018 15:23

Os centros educativos galegos teñen desde hoxe un protocolo de actuación para atender os alumnos con síndrome de Down ou discapacidade intelectual. Elaborado por expertos da Consellería de Educación e da Asociación Down Galicia, o protocolo defende por riba de todo a inclusión e equiparación destes alumnos, único xeito, en opinión dos técnicos, de garantir a igualdade de oportunidades.

O conselleiro de Educacion destacou que nos centros hai módulos de formación específica para os docentes, que deben facer unha avaliación personalizada dos estudantes con Down ou discapacidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018