CRTVG

Buscar

Os centros de saúde e os hospitais ampliarán horarios para evitar aglomeracións

Publicado o 21/04/2020 15:07

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que os expertos do comité clínico traballan nun plan para recuperar a actividade asistencial ordinaria no Servizo Galego de Saúde (Sergas) que contempla a ampliación do horario de atención nos centros de saúde e hospitais para evitar as aglomeracións.  

Así o avanzou nunha conferencia de prensa telemática en que detallou que, de cara a retomar esta actividade sanitaria ordinaria, os expertos tamén recomendan "incrementar as consultas telefónicas". "Toda a medicina que se poida facer sen presenza física é a medicina do futuro", manifestou Feijóo.

O presidente tamén avanzou que o "futuro" tamén pasa por "aumentar a teleasistencia", e puxo como exemplo diso os 3.000 pacientes contaxiados por coronavirus que son atendidos a través do programa Telea do Sergas.  

Feijóo avanzou estas medidas nunha comparecencia ante os medios na que detallou que o comité clínico e a Xunta traballan tamén para planificar xa que se debe de facer cando se produzan rebrotes, e como se volverá á normalidade social e económica non "seguridade sanitaria".