Os traballadores dos centros de día fórmanse para peparar a reapertura
Os centros de día prepáranse para a súa apertura o próximo 15 de xullo. Adaptan as instalacións aos protocolos de seguridade. Os traballadores están a recibir formación.
A partir do 15 de xullo a incorporación dos usuarios realizarase en tres fases de quince días cada unha. No centro preparan a volta, este venres é o último día do curso de formación que recibiron todos os traballadores.
Piden a colaboración das familias que serán clave na detección de calquera síntoma.
A adaptación das instalacións tamén forma parte do protocolo de seguridade, os centros fan cambios para garantir o distanciamento e a hixiene no centro.
Todas estas medidas enmárcase no plan de reactivación sociosanitario aprobado pola Xunta e que terán que cumprir todos os centros de día e ocupacionais de Galicia.