CRTVG

Buscar

Os centros comerciais son lugares seguros, pero as restricións polo Covid-19 limita a afluencia de clientes

Publicado o 21/11/2020 20:35

CENTROS COMERCIAIS

A actividade comercial resíntese das restricións impostas aos concellos con máis casos de covid. Ao non estar permitido viaxar fóra dos límites municipais nin as xuntanzas con persoas coas que non se convive ir de compras perde parte dos seus atractivos. Pola contra, resulta unha actividade segura.

O certo é que o aspecto dos centros comerciais nestes días dista moita do habitual doutros anos. Cunha campaña especial de descontos e ás portas de Nadal, as tendas non presentan o abarrote que sería desexable.

Neste centro comercial o aforo limitouse ao 33%, estableceuse un percorrido de ida e outro de volta, reforzouse a limpeza de baños, escaleiras e ascensor e en cada entrada / hai / un / dosificador para hixie nizar as mans, ademais do que ten cada negocio.

Seguridade que nesta ocasión non vai acompañada da vontade dos clientes por comprar.


 

Noticias web

21/11/2020