Os centros comerciais preparan a súa reapertura
Publicado o 22/05/2020 16:27
Nos centros comercias traballan hai semanas para a reapertura. Dentro dos locais, ata agora pechados, ultiman os preparativos para recibir os clientes. Nas zonas comúns tamén se traballa para cumprir con todos os requisitos que esixe a normativa. Entre eles, o control dos límites de acollida, que poderá ser de ata un 40 por cento.
Ademais, cada comercio deberá controlar tamén o número de clientes, ata un 30% da súa capacidade, repectar as distancias ou desinfectar os probadores tras cada uso. Tamén a permanencia nas zonas comúns será limitada.
Neste centro abrirán todas os comercios e agardan que a afluencia de clientes sexa progresiva e segura para todos.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 09:39