CRTVG

Buscar

Os CDR cortan estradas e enfróntanse a grupos constitucionalistas

Publicado o 27/10/2019 21:23

Os CDR facían chamamentos este domingo a través das redes sociais para cortar estradas catalás.
Efectivos dos Mossos intentaban controlar a situación interpoñéndose entre os condutores, algúns deles portaban bandeiras españolas e os membros dos Comités de Defensa da República, que impedían o paso na estrada N-340 na localidade barcelonesa de Molins de Rei.
Neste vídeo colgado nas redes sociais pola asociación denominada Unió de Mossos per la Constitució vense os momentos de tensión vividos...

Máis de 200 persoas convocadas pola plataforma "Pícnic per la República" facían unha sentada na estación de Sants de Barcelona. Os Mossos estableceron un cordón de protección, permitindo unicamente o acceso a aquelas persoas que amosaron o seu billete.
Vivíronse momentos de tensión cando os axentes evitaron que entrasen os manifestantes forzando as portas de entrada.
Eses mesmos manifestantes trasladábanse despois á praza de Sant Jaume.

Os Mossos tiveron que separalos alí dunha trintena de persoas que portaban bandeiras de España. Vivíronse tamén momentos de tensión...
Os independentistas optaron por quedar fronte á Generalitat, mentres que os constitucionalistas situábanse fronte ao Concello.
Os CDR pedíronlle a Torra, a través dun comunicado, que destitúa a Miquel Buch, conseller de Interior, pola "actuación desmesurada dos Mossos d'Esquadra" din, por "prácticas irregulares e mesmo ilegais" en situacións coma estas...
 

Noticias web

27/10/2019