CRTVG

Buscar

Os CDR, a cara do independentismo nas rúas

Publicado o 16/04/2018 14:38

Son a cara do independentismo nas rúas. Os CDR, os Comités de Defensa da República. Os seus integrantes están detrás do boicot ás peaxes ou dos cortes de tráfico na Semana Santa.

Son os encargados de defender nas rúas os posicionamentos do indenpendentismo. Veñen substituír o labor que facian Omnium e a Asamblea Nacional Catalá antes de que os seus líderes ingresaran na cadea.

A Fiscalía da Audiencia Nacional púxolles cara coa detención de Támara Carrasco a quen lle imputaba un delito de terrorismo e que o xuíz a deixou en liberdade con medidas cautelares.

Os CDR, agora Cómite de Defensa da Republica e antes do referendo, convocaron protestas tras a detención de Carles Puigdemont en marzo. En Semana Santa promoveron cortes de tráfico e o boicot ás peaxes.

A Garda Civil defende que existe vinculación entre os CDR e a CUP. A Policía defineos como un movemento de contrapoder. E aínda que houbo algún episodio de violencia, os seus integrantes falaban de resistencia pacífica.

Teñen ramificacións en todo o mundo e as forzas de seguridade do Estado agardan que se incrementen as súas accións nas próximas semanas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018