CRTVG

Buscar

Os cazadores esixen respecto e defenden un medio rural sostible

Publicado o 16/04/2018 09:34

Uns 100 autobuses de cazadores chegados de distintos puntos de Galicia, co apoio de diferentes colectivos rurais, responderon ao chamamento da Federación para dicir "Si á caza, por un medio rural sostible". A organización cifrou en 10.000 persoas as que se congregaron fronte ao Parlamento para esixirlles aos deputados e á sociedade en xeral un maior apoio ante os ataques que os cazadores senten nos últimos tempos. 

"Queremos reivindicar o dereito a ser cazadores. Parece que cada vez que saímos cazar nos temos que xustificar. Queremos transmitirlle á sociedade urbana o que é a caza: un instrumento medioambiental imprescindible e un recurso económico no rural nada desprezable, con máis de 100 millóns ao ano de investimento." di, Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de caza.

Defenden que a caza é o segundo deporte federado máis practicado en Galicia, con moito arraigo e carácter social e que as críticas chegan sempre desde minorías desvinculadas do rural. 

"O 99,9% dos cazadores é xente sensata e repectuosa. Como imos maltratar os animais, os nosos compañeiros de traballo que tanto nos fan gozar? Como imos queimar o monte se é o lugar onde gozamos e cando se queima pérdese todo?

"A manifestación contou co apoio dalgúns concellos e sindicatos agrarios que reivindicaron a caza como un modo de xestión da fauna salvaxe, como o xabarín, para evitar danos ás colleitas.

"A inmensa maioría dos agricultores e gandeiros non só cedemos as nosas terras para os coutos de caza senón que practicamos a actividade deportiva. Ese concepto social é tamén parte da economía rural." Insistiu Roberto García, de Unións Agrarias.A protesta, de carácter estatal desenvolveuse de xeito simultáneo en máis de 40 capitais de provincia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018