CRTVG

Buscar

Os catro mozos da 'manada de Bilbao' van ser expulsados e devoltos a Alxeria

Publicado o 09/08/2019 19:32

Os que están cun pé fóra do país son os catro membros alxerianos da coñecida como Manada de Bilbao. Están en liberdade condicional e poderían ser expulsados en canto se aclare a súa participación na violación grupal que se lles imputa por estar en situación irregular en España.

Membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado detiveron onte os acusados de violar a unha muller no Parque Extebarría de Bilbao a pasada semana e abríronlles un expediente de expulsión do país tras comprobar que se atopan sen papeis e en situación irregular.

Os axentes actuaron previa comunicación á fiscalía, a xuíza de instrución que leva o caso e a Ertaintza e puxeron de novo en liberdade os mozos alxerianos que tiveran previamente un incidente cun garda de seguridade da estación de tren de Bilbao cando acudían a firmar ao xulgado cumprindo coas súas medidas cautelares.

A investigación segue o seu curso á espera de probas como as de ADN que axudarán a determinar a responsabilidade dos acusados na agresión. Cando se aclare a súa participación poderían ser expulsados e envíados de volta ao seu país de orixe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019