CRTVG

Buscar

O Celta subliña en vermello os catro encontros diante de rivais directos

Publicado o 07/06/2020 13:15

Precisa mellorar os rexistros acadados na primeira volta

Òscar Garcia Junyent dispón dos seus titulares para iniciar a conta atrás. Once partidos, seis na casa e cinco fóra. Catro encontros son fronte a rivais directos.

O sábado, o Vilarreal; visita logo Pucela, xogará contra o Alavés en Balaídos, irá a Donostia, enfrontarase ao Barcelona na casa, medirase co Mallorca, virán a Vigo Betis e Atlético, unha visita a Pamplona, o último partido na casa será o Levante e o último fóra o Español.

Contra estes rivais, na primeira volta, o Celta sumou oito puntos; todo indica que non chegará esa cifra para lograr a salvación. Polo tanto, o sábado ante o Vilarreal, sen este recibimento, moita intensidade, pero tamén precaución coas mancaduras.

Ollo aos cartóns amarelos: Rubén, Olaza, Aidoo e Mina están apercibidos.

Noticias web

07/06/2020