CRTVG

Buscar

Os cativos, os máis prexudicados polo abuso na visualización de pantallas

Publicado o 08/06/2020 21:19

Teletraballo diante do ordenador, clases por videochamada e cervexas virtuais. Ás que se suman máis horas diante do televisor e a tableta. O confinamento fixo que traballáramos máis a vista de cerca, e como todos os abusos, ten consecuencias.

Con todo, a peor parte levárona os cativos. Eles tamén tiveron que seguir o curso a través de pantallas, e pásalles factura.

Algúns estudos sinalan que seis de cada dez españois notan xa as repercusións do confinamento na vista. Agora que podemos saír e gozar do aire libre, os expertos recoméndannos darlles un descanso aos nosos ollos de todas estas pantallas.

Noticias web

08/06/2020