Os casos na área de Ourense seguen medrando, con 10 ingresados máis nos hospitais
A evolución na área de Ourense non é moi boa. Soben os hospitalizados, están ingresadas hoxe 38 persoas, 36 delas en planta, son 10 máis ca onte. A boa nova é o pequeno alivio da unidade de críticos, unidade da que saíron dúas persoas nas últimas 24 horas.
Aínda así, os casos continúan subindo en toda a provincia, xa está preto dos 2.100 casos e a maioría volven a estar na área metropolitana da cidade cunha suba de 40 contaxiados máis.
Seguen medrando os casos tamén na comarca de Valdeorras e no Carballiño, lembren que nunha hora comeza ese cribado no Carballiño para buscar asintomáticos entre 3 mil persoas.
As autoridades sanitarias seguen pedindo que os mozos participen; ao de onte en Ourense acudiu tan só o 40 por cento. Moi pendentes, pois, nesta xornada da reunión esta tarde do comité clínico por se se endurecen medidas na provincia.