CRTVG

Buscar

Os rebrotes en España están controlados e os casos importados son o 20%

Publicado o 25/06/2020 20:46

Unha ducia de brotes permanecen activos no país. Os que máis preocupan o Ministerio de Sanidade son os de Málaga e Aragón, con 89 e 59 casos infectados respectivamente. A pesar disto, desde o Centro de Coordinación de Emerxencias puntualizan que falar de brotes e non de transmisión comunitaria indica que estamos no bo camiño.

Coa apertura de fronteiras, entrarán máis casos importados. De non detectalo a tempo, o que podería ser un brote pode estenderse e volver a xerar a indesexable transmisión comunitaria.

Fernando Simón, puxo de exemplo A China, que a pesar de ter os controis máis estritos, acaba de rexistrar rebrotes por casos importados. Por iso, a partir do mes de xullo, o prioritario será manter o sistema de detección ao máis alto nivel, para controlar a situación como se está facendo agora cos rebrotes.

Noticias web

25/06/2020

Máis sobre actualidade