CRTVG

Buscar

Os casos de trastornos alimentarios aumentaron durante a pandemia

Publicado o 22/06/2021 20:07

Este é un comedor terapéutico atendido por psicólogas onde se lles axuda ás persoas con trastornos alimentarios a normalizar a súa relación cos alimentos.

No último ano as consultas na Asociación de Bulimia e Anoxeria da Coruña non deixaron de medrar. Teñen ata un 23 % máis de pacientes.

Un dos factores de trastornos alimentarios é a insatisfacción corporal á que contribuíron durante a pandemia as mensaxes das redes sociais.

A asociación tamén conta cun servizo de preparación física.

Para educar en saúde con información verídica e certa.

Noticias web

22/06/2021