CRTVG

Buscar

Os casos de COVID-19 superan os cinco millóns en todo o mundo

Publicado o 21/05/2020 18:52
Os casos de COVID-19 superan os cinco millóns en todo o mundo


As infeccións confirmadas de COVID-19 en todo o mundo superaron este xoves os cinco millóns, segundo os datos recompilados pola Universidade Johns Hopkins, que tamén reportou un total de 329.186 falecidos en todo o planeta.

Conforme ao reconto independente de casos por coronavirus realizado por ese centro universitario, Estados Unidos é o país máis afectado pola pandemia, con 1.551.853 contaxios e 93.471 falecidos. Ségueno Rusia, con 317.554 infectados, aínda que só 3.099 mortos, e O Brasil, con 291.579 casos e 18.859 decesos.

Ademais destes tres países, hai outros tres estados que superan a barreira dos 200.000 casos: o Reino Unido, onde hai 249.619 infectados e 36.124 falecidos; España, que suma un total de 232.555 contaxios e 27.888 mortos, e Italia, onde perderon a vida 32.330 das 227.364 persoas.

Francia, con 181.700 contaxios, Alemaña, con 178.545; Turquía, con 152.587; Irán, con 129.341; A India, con 112.321, e Perú con 104.020 séguenos en número de infectados. 

A Organización mundial da Saúde rexistrou a maior cifra de contaxios da COVID-19 desque comezou a pandemia. Son 106.000 casos en 24 horas. O director xeral deste organismo afirma que case dous terzos destes casos veñen só de catro países, pero non precisou cales son. 

 

Noticias web

21/05/2020