CRTVG

Buscar

Os casos de coronavirus na Coruña superan nun 120% ao resto de Galicia

Publicado o 08/08/2020 14:53

A área sanitaria da Coruña está no centro da observación evolutiva en Galicia pola acumulación de casos. A incidencia do coronavirus está sendo un 120% superior á media galega; é dicir, máis do dobre. Os últimos datos indican que presenta 33,8 casos de Covid-19 por cada cen mil habitantes, mentres que no resto do territorio galego baixa a 13,6. De aí as medidas restrictivas adoptadas.

Sanidade informaba a primeira hora da tarde que hai 12 hospitalizados na área da Coruña e Cee. Son dous máis ca onte. De todos os xeitos, a maior parte dos casos detectados son leves ou asintomáticos. No hospital coruñés de referencia, o CHUAC, hai nestes momentos un enfermo na UCI e once en planta.

Mentres, segue a realizarse un intenso rastrexo relacionado co gromo detectado en Vimianzo. Está confirmado que non ten a súa orixe na nave de Produtos Cárnicos Domínguez, senón nunha cea de amigos. O contaxio parte dunha persoa que participou nesa comida procedente de Santa Comba, unha zona na que hai preocupación e na que se segue a pescudar, esta fin de semana, no seu círculo de contactos.

A empresa de Vimianzo, que ten uns trinta trablladores, realizara un cambio de enfoque na su produción por mor do coronavirus, cun particular éxito de vendas, pero agora está abocada a permenecer pechada.
 

Noticias web

08/08/2020