CRTVG

Buscar

Os casos activos soben a 18.535 (+474), o menor aumento en 17 días

Publicado o 28/07/2021 10:10

• O incremento das altas e un lixeiro descenso dos positivos reduce o ritmo diario

• A área de Ourense volve baixar os seus casos por terceiro día consecutivo

• Falece un home de 100 anos por mor da covid−19 en Vigo

Os casos activos soben a 18.535 (+474), o menor aumento en 17 días

Un incremento no número de altas e unha lixeira baixada no de contaxios detectados alixeiran a marcha da curva de casos activos en Galicia. Hai 18.535 persoas con covid−19 no país, 474 máis ca onte, tras 1.259 novos positivo.

No tocante ás probas PCR positivas, as áreas de Vigo, que baixa o ritmo de suba de casos activos, e da Coruña empatan á cabeza, con 305. Ségueas a de Pontevedra (171), que tamén consegue frear esta xornada o aumento dos casos, e, moi parellas, a área de Santiago (149) e a de Lugo (142).

Pechan a área de Ourense (109), que volve ser a única que consegue reducir os casos activos, e a de Ferrol (78).

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

Vigo: 4.378 (+30)

A Coruña: 3.530 (+206)

Pontevedra: 3.041 (+17)

Santiago: 2.378 (+104)

Ourense: 2.223 (-34)

Lugo: 2.100 (+100)

Ferrol: 885 (+51)

Pequena baixada en planta

Nos hospitais a situación é semellante á de onte. Hai 264 persoas ingresadas por mor da covid−19: 234 están en planta (-2) e 30 nas UCI (=).

Onte o Sergas notificou o pasamento dun home de 100 anos na área de Vigo por mor da doenza. Con el, a cifra de vítimas no que vai de pandemia alcanza as 2.453 persoas.

Mapa de incidencias por concellos