CRTVG

Buscar

Os casos activos soben (+6) lixeiramente por primeira vez desde comezos de agosto

Publicado o 12/10/2021 10:14
Os casos activos soben (+6) lixeiramente por primeira vez desde comezos de agosto

Tras descensos consecutivos desde os case 19.000 contaxios que se contabilizaban a comezos do mes de agosto, este luns Sergas volveu comunicar unha suba dos casos activos. Trátase dun incremento pequeno, de apenas 6 casos, para situar a cifra de contaxios activos en 508. Desta forma a barreira dos 500 casos faise agardar.

En canto ás hospitalizacións, estas tamén soben (+4). Agora mesmo, con datos do luns ás 18:00, hai 41 persoas ingresadas en planta, fronte ás 37 que das que se informaba o domingo, mentres que nas unidades de coidados intensivos a situación permanece estable, con dez persoas en situación máis preocupante.

Respecto aos novos contaxios, este luns sumábanse 33 máis detectados por probas diagnóstica de infección activa (PDIA), fronte ás 14 que contaban o día anterior.

Por áreas sanitarias, a da Coruña segue sendo a que máis casos activos ten.

A Coruña 155 (-2)

Vigo 102 (+4)

Ourense 75 (-2)

Santiago 70 (+9)

Lugo 69 (-4)

Pontevedra 31 (+1)

Ferrol 6 (=)

Desde o inicio da epidemia en Galicia contaxiáronse 182.602 persoas, das que se recuperaron 179.486 e faleceron 2.642, o último deles un home de 86 anos na Coruña.

A incidencia acumulada sitúase en 16,5 casos por cada cen mil habitantes a dúas semanas, segundo os datos facilitados onte luns polo Ministerio de Sanidade, polo que Galicia continúa, xunto a Asturias, en indicadores de nova normalidade.

 

 

 

Noticias web

12/10/2021