CRTVG

Buscar

O Sergas notifica catro falecementos nunha xornada na que os casos activos seguen descendendo (-560)

Publicado o 12/08/2021 19:32

• As hospitalizacións baixan ás 266 persoas en planta e ás 51 na UCI

• A área sanitaria de Pontevedra duplica os positivos diarios 

O Sergas notifica catro falecementos nunha xornada na que os casos activos seguen descendendo (-560)

A xornada de hoxe comeza cunha caída pronunciada dos casos activos (-560), sendo xa o sétimo día consecutivo no que descenden as persoas con coronavirus. En total, 15.546 persoas sofren a covid actualmente en Galicia.

Con respecto ás PCR positivas, estas experimentaron unha subida (+43), xa que no día anterior rexistrábaronse 725 e hoxe, 768. En concreto, a área de Pontevedra duplicou o número de probas positivas, pasando de 51 a 102.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 3.810 (-157)

A Coruña: 4.504 (-75)

Pontevedra: 1.825 (-82)

Santiago: 1.614 (-96)

Ourense: 1.120 (-56)

Lugo: 1.676 (-82)

Ferrol: 997 (-12)

A presión asistencial segue baixando. Hoxe, o número de persoas hospitalizadas en planta é de 266 (-9) e en coidados intensivos de 51 (-2). Por outra parte, Sanidade notifica este xoves o falecemento de catro persoas con coronavirus, elevando o número a 2.508 os falecidos desde o inicio da pandemia.

Os decesos son os dun home de 85 anos no CHOP, unha muller de 90 anos no CHUVI (procedente da Residencia DOMUSVI de Vigo), un home de 72 anos no CHUAC e unha muller de 77 anos no CHUS. Todos os pasamentos producíronse na xornada de onte.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.

Mapas de incidencia por concellos