CRTVG

Buscar

Os casos activos seguen descendendo (-346), pero aumentan os positivos por PCR (+196)

Publicado o 18/08/2021 10:15

• A área sanitaria de Lugo é a única que suma casos activos

• Descende a presión asistencial (-4), aínda que se mantén alta

Os casos activos seguen descendendo (-346), pero aumentan os positivos por PCR (+196)

A xornada deste mércores comeza cunha nova baixada dos casos activos (-346), que xa están nos 12.730. Porén, no día anterior Saúde Pública notificou o falecemento de seis persoas que tiñan coronavirus, alzando a cantidade de decesos aos 5.524 desde o inicio da pandemia.

Con respecto aos novos casos positivos detectados por PCR, estes experimentan un grande aumento, xa que na xornada anterior foron 406 as probas positivas e hoxe subiron ata as 602.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 3.134 (-58)

A Coruña: 4.029 (-188)

Pontevedra: 1.295 (-56)

Santiago: 1.259 (-31)

Ourense: 791 (-6)

Lugo: 1.344 (+14)

Ferrol: 878 (-11)

A presión asistencial, pola súa parte, segue alta, aínda que é inferior á do día anterior (-4). En cifras totais, hai 63 persoas hospitalizadas en coidados intensivos e 259 en planta.

Mapas de incidencia por concellos