Os casos activos seguen baixando, pero aumentan os ingresos en UCI
Publicado o 18/10/2021 11:01

Os casos activos seguen descendendo e xa hai só 431 persoas con coronavirus en Galicia (-12)
No caso dos contaxios, estes tamén diminúen respecto ao día anterior (-4). Foron detectados 21 novos casos por probas diagnósticas.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 79 (-1)
A Coruña: 140 (-1)
Pontevedra: 33 (=)
Santiago: 69 (-2)
Ourense: 52 (-8)
Lugo: 44 (-1)
Ferrol: 14 (+1)
Aumenta a ocupación hospitalaria en UCI (+1), mentres que se mantén en planta. En total, hai 36 persoas hospitalizadas, nove en coidados intensivos e 27 en planta. Con todo, o Sergas non notificou ningún falecemento por covid−19 nas últimas 24 horas.