CRTVG

Buscar

Os casos activos seguen baixando (-359) e tamén a presión asistencial (-5)

Publicado o 03/09/2021 10:20

• O Sergas informa de dous falecementos relacionados coa covid, 2.579 desde o comezo da pandemia

• A área sanitaria de Lugo é a única que suma novos casos activos (+6)

 

Os casos activos seguen baixando (-359) e tamén a presión asistencial (-5)

Segue o descenso dos casos activos (-359), que rozan xa os 7.000. En total, hai 7.163 persoas con coronavirus en Galicia.

Canto ás PCR, estas tamén experimentan unha baixada respecto ao día anterior (-96). Detectáronse 234 probas positivas nas distintas áreas sanitarias.

Tamén diminúen os novos casos detectados por PDIA (-53). En total, 107 hoxe.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 1.126 (-124)

A Coruña: 1.762 (-109)

Pontevedra: 478 (-26)

Santiago: 1.283 (-23)

Ourense: 654 (-25)

Lugo: 1.408 (+6)

Ferrol: 452 (-55)

A presión asistencial segue descendendo (-5). Hai 47 persoas en coidados intensivos (-6) e 154 en planta (+1), cun total de 201 persoas hospitalizadas. Por outra banda, o Sergas notificou o falecemento de tres persoas con covid 19, que eleva a cantidade a 2.577 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos