CRTVG

Buscar

Os casos activos en Galicia redúcense a 1.136 pacientes, a cuarta parte nas residencias

Publicado o 19/05/2020 15:10

• Hai 35 contaxiados menos ca onte e rexistráronse 77 curacións máis

• Nova xornada sen falecidos, polo que a cifra total mantense en 607

Galicia non rexistrou ningún falecemento relacionado co coronavirus nas últimas 24 horas, e hai 35 casos activos menos desta enfermidade, co que a cifra total de falecidos mantense en 607 e a cifra total de contaxios activos sitúase en 1.136. Deles, o 23,4 por cento localízanse en centros residenciais, con 155 usuarios contaxiados e 111 profesionais, en total 14 persoas menos ca na xornada anterior.

A incidencia baixa en todas as áreas sanitarias agás na Coruña, onde hai sete casos máis. A distribución é a seguinte:

• Vigo: 328 (-11).

• A Coruña: 283 (+7).

• Ourense: 190 (-17).

• Santiago: 176 (-6).

• Lugo: 72 (-3).

• Pontevedra: 56 (-1).

• Ferrol: 31 (-4).

Hai 15 pacientes en UCI, dous menos ca na xornada anterior, e 92 están hospitalizados en planta, un menos ca onte.

A día de hoxe contabilízanse 9.281 persoas curadas, 77 máis ca onte.

Nas últimas 24 horas realizáronse 601 PCR, co que o número total destas probas feitas en Galicia é de 127.359.