CRTVG

Buscar

Os casos activos baixan dos 8.000 (-210), pero soben os contaxios (+329)

Publicado o 01/09/2021 10:10

• A presión asistencial diminúe con respecto ao día anterior (-16)

• A área sanitaria de Ourense é a única que suma novos casos activos

Os casos activos baixan dos 8.000 (-210), pero soben os contaxios (+329)

A baixada dos casos activos segue en aumento. Hoxe hai 7.812 persoas con coronavirus en Galicia, 210 menos ca o día anterior.

Con respecto ás PCR positivas, estas experimentan un aumento (+67). En total, foron detectadas 327 probas positivas nas distintas áreas sanitarias.

Descende o número de persoas diagnosticadas a través de Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA). En concreto, detectáronse 160 novos casos, 147 menos que o día anterior.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 1.347 (-44)

A Coruña: 1.993 (-90)

Pontevedra: 529 (-28)

Santiago: 1.317 (=)

Ourense: 695 (+23)

Lugo: 1.402 (-35)

Ferrol: 529 (-36)

A presión asistencial tamén descende. Hai 52 persoas en coidados intensivos (-3) e 156 en planta (-13). En total, atópanse 208 persoas hospitalizadas en Galicia. Por outra parte, o Sergas notificou no día de onte catro falecementos por mor da covid, que alzan a cantidade a 2.570 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos