CRTVG

Buscar

Os casos activos descenden ata os 18.869 en Galicia

Publicado o 31/07/2021 22:01

• Prodúcese o primeiro descenso en semanas Os novos positivos seguen por riba do milleiro | Sanidade notifica a morte dunha muller de 92 anos diagnosticada coa covid

Os casos activos descenden ata os 18.869 en Galicia

Os casos activos sitúanse nos 18.869 (-16) en Galicia. Trátase do primeiro descenso en semanas. Con todo, nas últimas horas detectáronse 1.171 novos positivos. 

No tocante aos hospitais galegos, hai unha repunta dos ingresos nas UCI, que contan con 4 pacientes máis, e un descenso dos hospitalizados en planta, que baixan en 5. Segundo os últimos datos hai máis de 300 persoas ingresadas.

Por áreas, Vigo é a que reporta un maior número de contaxios diarios, máis de 300 nas últimas horas. Séguenlle A Coruña, con preto de 250 e Pontevedra, con máis de 160. 

Na tarde do sábado, Sanidade notificou a morte dunha muller de 92 anos que fora diagnosticada coa covid e que presentaba patoloxías previas. Faleceu no hospital do Salnés. Elévanse a 2.461 a cifra total de falecidos dende o inicio da pandemia en Galicia.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

Os casos activos soben na Coruña, Vigo, Lugo e Ferrol, mentres que baixan en Ourense, Santiago e Pontevedra.

Vigo: 4.539 (+64)

A Coruña: 3.827  (+64)

Pontevedra: 3.015 (-16)

Santiago: 2.324 (-33)

Ourense: 1.983 (-114)

Lugo: 2.218 (+6)

Ferrol: 963 (+13)

 

Noticias web

31/07/2021