Os casos activos crecen na área de Lugo (+8) a un ritmo menor ca onte (+26)
Publicado o 07/07/2020 11:41
A última actualización do Sergas destaca un aumento dos casos activos en Galicia. Hai hoxe dous máis ca onte, co que o número total é de 256. Unha vez máis, os datos de Galicia veñen condicionados polo brote da Mariña. A área sanitaria de Lugo ten 8 casos activos máis, pero ese aumento é menor ao de onte (+26) e ao de antonte (+30).
Hai outras áreas que seguen rexistrando descensos: é o caso da Coruña (-6) ou Vigo (-1). En Ourense, Pontevedra e Ferrol só quedan activos 2 ou 3 casos.
En canto ao número de hospitalizacións, hai unha máis. Nestes momentos hai 7 persoas ingresadas, pero ningunha na UCI. Galicia está a piques de facer un mes sen vítimas mortais por coronavirus. A cifra de falecidos permanece estática en 619 desde o 10 de xuño.