CRTVG

Buscar

Sen falecementos nunha xornada en que os casos activos caen ata os 1.401

Publicado o 14/06/2021 20:04

• Soben os casos nas áreas da Coruña (+8) e Ourense (+3)

• A área de Ferrol é a primeira en non rexistrar ningún positivo novo

 

Sen falecementos nunha xornada en que os casos activos caen ata os 1.401

A pandemia continúa evolucionando positivamente. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 1.401 casos activos de coronavirus, 61 menos ca onte, tras 56 novos positivos. Son 333 menos que hai xusto unha semana e 861 menos que hai dúas.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 380 (+8)

Ferrol: 89 (-8)

Lugo: 199 (-13)

Ourense: 145 (+3)

Pontevedra: 127 (-5)

Santiago: 156 (-13)

Vigo: 305 (-29)

Soben os ingresos

Nos hospitais aumenta lixeiramente o número de persoas ingresadas. Hai 69 pacientes: 51 en planta (+1) e 18 nas UCI (+4).

Xornada sen falecementos

O Sergas non notificou ningún falecemento na xornada de hoxe. O número total de decesos en Galicia desde o comezo da pandemia mantense nos 2.430. 

Os últimos decesos rexistrados son do pasado venres, cando Saúde Pública notificaba o pasamento de dúas mulleres de 64 e 88 anos.

Baixa a positividade

A positividade tamén baixa ata o 1,75 %, tras dar positivo só 56 das 3.194 probas PCR realizadas.

Mapas de incidencia